Inicio   Enlaces   Contactar   Mapa web  
Usuario:  Clave: 
  Bolsa de emprego
  Autoemprego
  Orientación laboral
  Servizo Galego de Colocación
     
 
Servizo de Axente de emprego
Servizo gratuíto de asesoramento integral prestado en virtude dun Programa de Cooperación entre a Consellería de Traballo (Xunta de Galicia) e a AED.

Ten por obxectivo o de potenciar e apoiar ó espírito emprendedor e contribuír, en definitiva, á creación de emprego estable na Comarca.

Aberto ó público en xeral, vai dirixido, de modo especial ós emprendedores (todas aquelas persoas cun proxecto ou idea de negocio).

Áreas de asesoramento:

- Programas de axudas e subvencións para a constitución dunha empresa e a creación de emprego.

- Incentivos polo exercicio dunha determinada actividade económica, profesional, artística, de interese social ou colectivo.

- Asesoramento técnico: elección da forma de empresa, trámites precisos á hora de inicia-la actividade, contratación laboral, cotizacións á Seguridade Social, tributación, obrigas formais, etc..

- Asesoramento económico, financeiro e/ou comercial: elaboración do plan de empresa, determinación da “viabilidade” do proxecto.

- Consultas varias: programas de cooperación, medidas activas para o fomento do emprego, cursos e actividades promovidos ou non pola Consellería, información de ámbito local, rexional, nacional ou europeo, normativas, lexislación, publicacións e documentacións varia.

   
 


ACTIVIDADES DIRIXIDAS ÓS EMPRENDEDORES

A AED organiza en colaboración co IGAPE e BIC Galicia diversas actividades: xornadas, seminarios e cursos dirixidos ós emprendedores e as empresas de recente constitución:

-Seminario de Difusión da Cultura Emprendedora
-Seminario de Xeración e Maduración de Ideas Empresariais
-Seminario de Planificación Empresarial
-Seminarios de formación continua
-Xornadas técnicas
 
  Xornadas e Seminarios programados  
  FORMULE A SÚA PETICIÓN DE INFORMACIÓN OU ASESORAMENTO